Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de decembro de 2014 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/66/2011, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu domicilio decoñecido.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística por substitución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo, DOG núm. 59, do 27 de marzo), o día 18 de xuño de 2012, ditou resolución pola que se ordena a demolición das obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar illada, no lugar do Escredo, núm. 55, A Nogueira, parroquia do Viso, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra, que non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico, e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que dean lugar. A orde de demolición deberá ser executada no prazo de tres meses contado desde a notificación da presente resolución, dando conta á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Así mesmo, nesta resolución, requírese a interesada para que no prazo de tres meses presente a solicitude da oportuna autorización autonómica para as obras consistentes na adición dunha planta a unha vivenda tradicional existente e garaxe acaroado ao lateral da planta baixa, no lugar do Escredo, núm. 55, A Nogueira, parroquia do Viso, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra. Se transcorrido o prazo de tres meses desde este requirimento a interesada non a solicitase ou, se é o caso, non axustase as obras ás condicións sinaladas nela ou na orde de execución, acordarase a demolición das obras a custa da interesada e procederase a impedir definitivamente os usos a que dean lugar. Procederase de igual modo no suposto de que a autorización fose denegada por ser o seu outorgamento contrario á legalidade.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Margarita Santamaría Mosquera, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística