Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 11 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia para os efectos do coñecemento das resolucións dos recursos de alzada ditadas no expediente sancionador PO-EP 493/12 e cinco máis, en materia de espectáculos públicos, tramitados na provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal, a través do servizo de Correos, das resolucións dos recursos de alzada ditadas nos expedientes sancionadores que se relacionan, por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, notifícanselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio as mencionadas resolucións dos recursos de alzada.

O interesado poderá comparecer, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra estas resolucións, que poñen fin a vía administrativa, o interesado poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses, contados a partir do seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, sen prexuízo de que este poida presentar calquera outro recurso que considere conveniente.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas
e Xustiza

ANEXO

Acto de notificación: resolucións dos recursos de alzada do 20 de novembro de 2014 ditadas nos expedientes sancionadores: PO-EP 493/12, PO-EP 494/12, PO-EP 495/12
PO-EP 496/12, PO-EP 497/12 e PO-EP 498/12.

Recorrente: Óscar Soto Giráldez.

Entidade: Mumm Miñor, S.L.

Establecemento: Pub American.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, en relación co establecido na Orde do 16 de xuño de 2005 pola que se determinan os horarios de peche de espectáculos e establecementos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Importe da sanción: 120 € (PO-EP 493/12), 180 € (PO-EP 494/12), 300 € (PO-EP 495/12), 300 € (PO-EP 496/12), 300 € (PO-EP 497/12) e 300 € (PO-EP 498/12).

Últimos domicilios coñecidos: avenida Torrente Ballester, nº 80, baixo, 36350 Nigrán (Pontevedra), rúa Fontiñas, 1, 36393 Sabarís, Baiona (Pontevedra).