Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4344/2014 e cinco máis, interpostos contra a Orde do 4 de xuño de 2014 pola que se aproba definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal de Baiona (Pontevedra).

Nesta secretaría xeral recibiuse o escrito da Presidencia da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos número P.O. 4344/2014, interposto por Manuel Pereira Manzanares; P.O. 4334/2014, interposto por Eduardo Lissen Otero; P.O. 4348/2014, interposto por Altagra, S.L; P.O. 4345/2014, interposto por Cámping Baiona Playa, S.A.; P.O. 4343/2014, interposto por Javier Martínez Barreiro, e P.O. 4346/2014, interposto por Herdeiros de Concepción Taboada del Río, S.A., contra a Orde do 4 de xuño de 2014 pola que se aproba definitivamente o PXOM de Baiona (Pontevedra).

Para os efectos de cumprir o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 16 de decembro de 2014.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio
e Infraestruturas