Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de residuos LU-RES 2014/170 e LU-RES 2014/204.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas .

A comparecencia debera efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede na ronda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase

Producida desde o día seguinte ao día final do plazo fixado.

Lugo, 1 de decembro de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2014/170.

Denunciada: Jahreswagen, S.L.U.

Acto notificado: acordo de inicio do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/204.

Denunciada: Talleres Basanta, C.B.

Acto notificado: acordo de inicio do procedemento sancionador.