Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de residuos LU-RES 2014/102 e LU-RES 2014/107.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora dos procedementos sancionadores.

A comparecencia debera efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas e de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede na ronda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do plazo fixado.

Lugo, 2 de decembro de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2014/102.

Denunciada: Marian Cretu.

Acto notificado: resolucion do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/107.

Denunciado: Remus Vasile Matei.

Acto notificado: proposta de resolucion do procedemento sancionador.