Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Mércores, 31 de decembro de 2014 Páx. 55960

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública (631/165/2014).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 28 de novembro de 2014, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes da parcela sita na travesía dos Rosales, número 11, da Coruña, promovido pola Pía Unión La Obra de la Señora.

O expediente e a documentación do estudo de detalle aprobado sométense a información pública (artigo 86.2 da LOUG 9/2002, do 30 de decembro), polo período de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio (DOG ou prensa local), para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación que integra o estudo de detalle pódese consultar no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo (praza de Indalecio Prieto, 1-3) en horario laboral de luns a venres, así como na web do concello www.coruna.es/urbanismo, exposición pública.

Os gastos desta publicación serán por conta do promotor.

A Coruña, 4 de decembro de 2014

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo