Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Mércores, 31 de decembro de 2014 Páx. 55959

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdido

ANUNCIO do 28 de novembro de 2014 referente á convocatoria dun proceso de consolidación de emprego.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña publicáronse o dia 27 de novembro de 2014 a convocatoria e as bases xerais e específicas dunha praza de persoal laboral por consolidación de emprego.

A praza obxecto desta convocatoria aparece incluída na oferta de emprego público entre as denominadas xenericamente servizos varios, para o ano 2010, de acordo co seguinte detalle:

Grupo: IV.

Denominación do posto: servizos varios.

Número de vacantes: unha.

Forma de provisión: consolidación de emprego.

As solicitudes presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, dirixidas á Alcaldía da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello de Cerdido (A Coruña).

Cerdido, 28 de novembro de 2014

Ana Rodríguez Montero
Alcaldesa