Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 30 de decembro de 2014 Páx. 53711

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2014 pola que se actualizan os anexos V, VI e VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación.

Para unha adecuada aplicación das taxas e dos prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, a orde a que fai referencia o título desta resolución procedeu a codificar tanto as diferentes taxas como os servizos xestores que as aplican.

Ao longo do ano promulgáronse unha serie de normas que viñeron crear ou modificar as tarifas existentes, razón pola que mediante esta resolución se procede a revisar as codificacións recollidas na orde citada, consonte a autorización contida no parágrafo 2 da disposición adicional da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992.

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar o anexo V da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992 do xeito seguinte:

Engadindo o servizo na 04 Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

24

Axencia para a Modernización Tecnolóxica

OA

Modificando o servizo da 06 Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

19 Prevención e Xestión Ambiental

Modificando o servizo da 14 Consellería de Traballo e Benestar:

11 Traballo e Economía Social

Segundo. Actualizar o anexo VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992 do xeito seguinte:

Engadindo os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

30.14.11

Licenza única interautonómica en materia de pesca continental

30.15.05

Licenza única interautonómica en materia de caza

30.57.00

Accións formativas dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade, non financiadas con fondos públicos

31.01.20

Inscrición nas probas para a obtención e/ou renovación da competencia profesional para a actividade de transporte, a cualificación profesional para a condución de determinados vehículos dedicados á actividade de transporte e/ou a cualificación como conselleiros de seguridade en transporte de mercadorías perigosas

31.07.33

Autorización e rexistro de explotacións avícolas, cunícolas, porcinas e de visóns, excepto aquelas que sexan de autoconsumo (de todo tipo), reducidas (porcino) ou artesanais (avícolas).

31.12.14

Actividades de control oficial en empresas alimentarias para dar cumprimento a requisitos de países terceiros

32.57.01

Expedición, renovación e modificación substancial da autorización ambiental integrada

32.57.02

Baixa ou transmisión de titularidade da autorización ambiental integrada

32.78.00

Solicitude de emisión da declaración de incidencia ambiental

Modificando os códigos seguintes:

30.07.01

Autorización de explotación

30.07.03

Cambios na autorización de instalación e localización, extinción ou denuncia.

30.07.08

Homologación de modelos de máquinas de xogo. No caso das máquinas tipo B ou B especial, a contía multiplicarase por cada xogo que insira a máquina

30.07.15

Outras inscricións no Rexistro de Modelos de Máquinas: modificacións substanciais da inscrición, cancelación da inscrición ou autorización da cesión da inscrición. No caso das máquinas tipo B ou B especial, a contía multiplicarase polo número de xogos que se modifiquen.

31.01.06

Expedición de títulos e certificados xustificativos da disposición da competencia profesional para o exercicio da actividade do transporte e/ou para o exercicio da función de conselleiro de seguridade no transporte de mercadorías perigosas

31.01.17

Expedición de certificados acreditativos da obtención da aptitude profesional para a condución de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada

31.07.26

Probas diagnósticas establecidas nos programas oficiais de erradicación de tuberculose e brucelose para a realización de movementos de animais entre explotacións

31.08.04

Actuacións extraordinarias dos veterinarios oficiais de Galicia, a demanda dos establecementos. (Considéranse actuacións extraordinarias as que teñan lugar fóra do horario habitual establecido e autorizado para cada matadoiro. Non inclúe as actuacións levadas a cabo como consecuencia da ampliación do horario durante a xornada laboral ou días autorizados de traballo, independentemente do motivo da dita ampliación)

32.36.08

Concesións experimentais en materia de acuicultura ou autorizacións para actividade de reparqueo

32.37.00

Actuacións en materia de produción eléctrica

32.37.04

Inscrición, modificación e cancelación no Rexistro Administrativo de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica

32.37.06

Autorización administrativa doutras instalacións de produción eléctrica. Sobre a tarifa consignada no código 32.09.00

32.52.14

Baixa ou transmisión de titularidade da autorización de xestor de residuos para actividades de almacenamento, valorización e eliminación de residuos

32.57.00

Autorización ambiental integrada

Eliminando os códigos seguintes:

30.07.22

Autorización de instalación do centro de control do sistema de interconexión de máquinas de xogo tipo A entre establecementos

31.12.09

Autorización para exercer actividades de formación do persoal de mantemento hixiénico-sanitario das instalacións susceptibles de propagar a lexionelose

31.12.10

Autorización de entidades para impartir programas de formación de persoal aplicador de tatuaxe, micropigmentación e piercing e de aparellos de bronceado

31.12.12

Autorización e inscrición no Rexistro de Laboratorios para a realización de determinados ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano

31.16.01

Acreditación de centros para a práctica legal da interrupción voluntaria do embarazo

31.17.00

Autorización e/ou acreditación de centros sanitarios extractores e transplantadores de órganos, ou de obtención e implantación de tecidos.

31.17.01

Comprobación do cumprimento dos requisitos exixidos para a autorización e acreditación correspondente

31.17.02

Renovación da autorización ou acreditación

33.04.00

Venda de libros de control sanitario de piscinas de uso colectivo

10,93

Terceiro. Actualizar o anexo VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, que queda como segue:

Banco Santander.

Banco Popular.

Banco Sabadell.

Caixa Geral Depositos.

BBVA.

Targobank.

Banco Pastor.

Evo Banco, S.A.

Bankia.

Abanca.

Ibercaja.

Caja España.

La Caixa.

Caja Duero.

Caja Rural de Lugo.

Caja Rural Zamora.

Cuarto. Actualizar o anexo I da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994 engadindo os seguintes códigos:

364700 Servizos prestados pola Axencia Galega de Innovación

364701 Servizos prestados polo Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS Madeira)

364702 Servizos prestados polo Centro de Innovación e Servizos do Deseño e Tecnoloxía (CIS Galicia)

353400 Transporte adaptado e asistido

Quinto. Esta resolución entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2015.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014

Ulpiano L. Villanueva Rodríguez
Director da Axencia Tributaria de Galicia