Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 30 de decembro de 2014 Páx. 53752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Pobra do Caramiñal (expediente IN407A 2014/101-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMT e CTC polígono industrial A Tomada-fase II.

Situación: A Pobra do Caramiñal.

Características técnicas:

Retirada dun tramo de 321 m de liña de media tensión aérea LMT PMR-805 (expediente 257/2003) comprendido entre os apoios existentes nº 10/1 (expediente 163/2013) e o apoio nº 13 (expediente 257/2003), así como a retirada dos apoios nº 11, 12 e 13.

Liña de media tensión subterránea a CT nº 1 proxectado, a 20 kV, cunha lonxitude de 316 m, con orixe en paso aerosubterráneo proxectado no apoio nº 10/1 (expediente 163/2013), condutor tipo RHZ1-20L-12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), e final en cela de liña do CT nº 1 proxectado.

Liña de media tensión subterránea a CT nº 2 proxectado, a 20 kV, cunha lonxitude de 273 m, con orixe en cela de liña do CT nº 1 proxectado, condutor tipo RHZ1-20L-12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), e final en cela de liña do CT nº 2 proxectado.

Liña de media tensión subterránea a CT nº 3 proxectado, a 20 kV, cunha lonxitude de 142 m, con orixe en cela de liña do CT nº 2 proxectado, condutor tipo RHZ1-20L-12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), e final en cela de liña do CT n º 3 proxectado.

Liña de media tensión subterránea á liña de media tensión subterránea polígono A Tomada (expediente 257/02), a 20 kV, cunha lonxitude de 981 m, con orixe en cela de liña do CT nº 3 proxectado, condutor tipo RHZ1-20L-12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), e final en arqueta proxectada na liña polígono A Tomada (expediente 257/03) entre o apoio nº 13 e o CT polígono da Tomada nº 4.

Centro de transformación prefabricado nº 1, cunha potencia de 630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Centros de transformación prefabricado nº 2 e nº 3, cunha potencia de 400 kVA cada un, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 3 de decembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña