Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 30 de decembro de 2014 Páx. 53750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2014/129).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Ramos Alidis, S.L.

Domiciliio social: pol. ind. O Allo, parcela 14, Baio, 15150 Zas.

Denominación: LMTS, CS e CT de 630 kVA.

Situación: polígono industrial O Allo, parcela 14, Baio, Zas.

Características técnicas: LMTS de 2,5 metros, 3X240 mm2, 12/20 tipo Al-2LO, en bucle, que parte da liña do mesmo tipo, propiedade da empresa subministradora, interrompéndoa, con desvío ao CS, sito no edificio do abonado. Edificio sectorizado: zona da compañía (dúas celas de entrada/saída e cela de conexión ao CT), zona do abonado (cela de entrada, cela de protección e cela de medida) e acceso ao transformador trifásico redutor de tensión, con neutro accesible en BT, de potencia 630 kVA en baño de aceite e refrixeración natural tipo onan, de tensión primaria 20 kV e tensión secundaria 420 V en baleiro e grupo de conexión DYN11.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 2 de decembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña