Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 30 de decembro de 2014 Páx. 53754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2014/178-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: nova LMTS (15 kV) para alimentar o novo CS na rúa Ícaro.

Situación: Oleiros.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 200 m, coa orixe en empalmes a realizar na LMT SMC-725, entre os centros de transformación Urb. Icaria III e Urb. Icaria IV, condutor tipo RHZ1-20L-12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final na mesma liña unha vez que entre e saia do centro de seccionamento que vai instalar o cliente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 3 de decembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña