Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 30 de decembro de 2014 Páx. 53624

II. Autoridades e persoal

c) Substitucións

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 161/2014, do 26 de decembro, polo que se acorda encomendarlle ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza que se encargue do despacho de asuntos da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Con motivo da ausencia da conselleira de Medio Rural e do Mar, faise necesario prover a súa substitución ata o seu regreso.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Durante a ausencia da súa titular, encárgaselle o despacho dos asuntos da Consellería de Medio Rural e do Mar ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, vinte e seis de decembro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente