Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53209

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de suspensión de licitación de mantemento de xardíns.

O Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais acordou, con data do 28 de novembro de 2014, suspender o procedemento de contratación do Servizo de Conservación e Reposición das Zonas Verdes en Vigo.

A vista do anterior suspéndese a licitación do devandito expediente, que foi publicada en anuncios do BOP de Pontevedra, con data do 2.12.2014 e do DOG do 3.12.2014. No momento en que se levante a suspensión do procedemento, abrirase un novo prazo de presentación de ofertas.

Vigo, 18 de decembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación