Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53208

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a contratación da prestación do servizo de mantemento e reparación de instalacións semafóricas (expediente 35/14).

Por decreto da Alcaldía do 3 de decembro de 2014 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 35/14).

2. Obxecto do contrato: servizo de mantemento e reparación de instalacións semafóricas.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 16.335 € (13.500 € máis 2.835 € en concepto de IVE), polo prazo de 2 anos (con posibilidade de dúas prórrogas de 1 ano).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 3 de decembro de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde