Por decreto da Alcaldía do 3 de decembro de 2014 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:
1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 34/14).
2. Obxecto do contrato: servizo de mantemento das áreas verdes do polígono da Granxa.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.
4. Orzamento base de licitación: 147.264 € (121.705,79 € máis 25.558,21 € en concepto de IVE).
5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.
6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).
7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.
8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.
9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es
O Porriño, 3 de decembro de 2014
José Nelson Santos Argibay
Alcalde