Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53210

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO polo que se procede á corrección de erros no anuncio de licitación do procedemento aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación para a contratación dun seguro de asistencia sanitaria para o persoal desta deputación.

Na publicación do anuncio de licitación do procedemento aberto, para a contratación dun seguro de asistencia sanitaria para o persoal da Deputación Provincial de Ourense, publicado na páxina 48.631 do Diario Oficial de Galicia nº 226, do 25 de novembro de 2014, existe un erro na determinación do prazo para a presentación de proposicións de tal xeito que onde di:

As proposicións presentaranse ata as 14 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense.

Deberá dicir:

As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do día 15 de xaneiro de 2015, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense.

Ourense, 28 de novembro de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense