Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53211

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO polo que se fai pública a asunción delegada nesta deputación provincial por parte do Concello de Chandrexa de Queixa.

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3º da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial, na sesión do día 28 de novembro de 2014, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Chandrexa de Queixa (xestión recadatoria de multas coercitivas e execución forzosa de acordos municipais) nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no Diario Oficial de Galicia do día 19 de setembro de 1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia, axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 1 de decembro de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense