Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 11 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións de varias reclamacións eléctricas.

O xefe territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra ditou as resolucións de reclamacións eléctricas que se relacionan no anexo.

Intentada a notificación das ditas resolucións, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica ,por medio desta cédula notifícaselles aos interesados o contido da resolución para que poidan ter coñecemento del, segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei.

Advírteselles aos interesados que, en cumprimento do artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, xa citada, poderán interpoñer contra a resolución ditada, que non esgota a vía administrativa, recurso de alzada, perante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes, desde a publicación desta cédula, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno.

Así mesmo, terán dereito a consultar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, Pontevedra.

Pontevedra, 11 de decembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de reclamacións resoltas no procedemento IN 635A

Nº expte.

Reclamante

Enderezo

Concello

Resolución

2014/153-4

CC.PP. García Barbón, 27-29

García Barbón, 27-29

Vigo

Arquivamento

2014/224-4

Herminia Lorenzo Blanco

O Hío-Vilanova, nº 72, baixo

Cangas

Desestimación