Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican os recursos RRO/DC/2012/00127 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo as resolucións dos recursos.

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes aos últimos enderezos coñecidos dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa caberá recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Recurso

Nome

Dirección

RRO/DC/2012/00127

René Díaz Vázquez

Avda. Cordeda, 21, 15174 Culleredo (A Coruña)

RRO/DC/2013/00028

José Luís Novo García

Rúa do Sentimento, 14 , 15173 Oleiros (A Coruña)

RRO/DC/2013/00101

Sergio Hermida Hermida

Monasterio de Monfero, 51 1ª, 15403 Ferrol (A Coruña)

RRO/DC/2013/00526

Fernando Buján Estraviz

As Barreiras, San Salvador, s/n, 15800 Melide (A Coruña)