Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 26 de decembro de 2014 Páx. 52687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, anticipado de gasto, da contratación documentalmente simplificada do servizo de almacenamento, xestión de expedicións e distribución con entrega en destino do material desta consellería (expediente ED-02/15 SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.

c) Número de expediente: ED-02/15 SE.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servizo de almacenamento, xestión de expedicións e distribución con entrega en destino do material desta consellería.

b) Lugar de execución: na nave que posúe a consellería no polígono de Toedo da Estrada (Pontevedra).

c) Prazo de execución: un ano.

d) Clasificación: grupo U, subgrupo 3, categoría c).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria/anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas adminitrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: 540.086,78 euros (IVE excluído), IVE: 113.418,22 euros.

Importe total: 653.505,00 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 60.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación, no seguinte enderezo da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21762

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de dezaseis (16) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de proposicións.

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1ª) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

2ª) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o oitavo día hábil, ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria