Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 26 de decembro de 2014 Páx. 52684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada e anticipado de gasto, da contratación documentalmente simplificada da obra de renovación de espazos e adecuación á normativa vixente (fases II e III) do CIFP As Mercedes de Lugo, posible cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder (expediente ED 11/14-O).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obra de renovación de espazos e adecuación á normativa vixente (fases II e III) do CIFP As Mercedes de Lugo.

b) Lugar de execución: Lugo.

c) Prazo de execución: 24 meses.

d) Clasificación: grupo C e categoría E.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria/anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran nos puntos 15 e 16 do cadro de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado: 3.033.372,59 €.

b) IVE: 637.008,24 €.

c) Importe total: 3.670.380,83 €. O dito importe poderá estar cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder.

5. Garantía provisional.

2 % do importe do orzamento base de licitación (IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Teléfono: 981 54 44 55.

d) Poderanse consultar e/ou obter o prego de cláusulas administrativas particulares e o correspondente cadro de especificacións, así como a información relativa a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21764

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de vinte e seis (26) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

i) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univeristaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o décimo día hábil, ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria