Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52445

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Neves

ANUNCIO de licitación para a contratación do servizo de axuda no fogar.

1. Servizo obxecto do contrato:

Prestación do servizo de axuda no fogar do concello das Neves.

2. Orzamento base de licitación:

A retribución do adxudicatario será de:

a) Servizo básico: 13,00 euros, IVE do 10 % incluído.

b) Servizo de dependencia: 13,50 euros, IVE do 4 % incluído.

Valor total estimado: 102.400 euros/ano, IVE incluído e 409.600,00 euros/4 anos, IVE incluído.

3. Duración do contrato:

Dous anos, prorrogable por outros dous.

4. Clasificación:

Non se exixe.

5. Procedemento de adxudicación:

Aberto, varios criterios de adxudicación.

6. Documentación:

A documentación poderá consultarse na Secretaría do Concello e na páxina:

www.asneves.com

Formas de contactar co Concello: vía electrónica en asneves@fegamp.org e no teléfono 986 64 80 38, extensión 1.

7. Lugar de presentación de ofertas:

Rexistro Xeral do Concello das Neves, das 9.00 ás 14.00 horas (de luns a venres) e das 9.30 ás 13.00 horas os sábados.

8. Prazo de presentación de ofertas:

Quince (15) días hábiles a partir do seguinte ao da última publicación (no BOP ou no DOG).

9. Apertura de plicas:

Ás 14.00 horas do quinto día hábil a partir do remate do prazo de presentación de proposicións, agás sábados; poderá atrasarse ata o décimo día hábil no caso de que non conste a totalidade das presentadas no Servizo de Contratación, o cal se anunciará oportunamente no perfil do contratante con 24 horas de antelación como mínimo.

10. Garantía provisional:

Non se exixe.

9. Criterios de valoración:

Os establecidos na cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas.

10. Gastos de publicidade:

Por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.200,00 euros.

As Neves, 26 de novembro de 2014

Raúl Emilio Castro Rodríguez
Alcalde presidente