Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52447

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO de información pública sobre o proxecto de rehabilitación e acondicionamento de adega en Valdomende (Sobrecedo).

Miguel Pavón Reinoso solicita desta alcaldía licenza municipal para proxecto de rehabilitación e acondicionamento de bodega en Valdomende (Sobrecedo). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.

Taboada, 27 de novembro de 2014

Ramiro Moure Ansoar
Alcalde