Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52444

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lourenzá

ANUNCIO da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento.

Por Acordo do Pleno do 21 de novembro de 2014, foi aprobada inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Lourenzá para a determinación de novas condicións de edificación, posición e estéticas das edificacións anexas ás vivendas de núcleo rural. De conformidade cos artigos 85.2 e seguintes da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Lourenzá, 1 de decembro de 2014

Emma Álvarez Chao
Alcaldesa