Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica requirimento de documentación devolto polo servizo de Correos (expediente OU-2012/00308).

De conformidade co disposto polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado do 27 de novembro), notifícaselle a persoa que no anexo se menciona que, examinado o seu expediente de cancelación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, e comprobado que falta a documentación preceptiva ao abeiro do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, con esta data resolvo publicar a notificación de requirimento da devandita documentación, co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada para que, de ser o caso, poida consultalo na Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, nº 79, 2º, 32004 Ourense.

Advírteselle que, de non presentar esta documentación no prazo de dez (10) días hábiles a partir da publicación deste requirimento, terase por desistido da súa petición e producirase o arquivamento da súa solicitude, segundo o establecido no artigo 16 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro.

O que se lle notifica de acordo coa normativa antes citada.

Ourense, 21 de novembro de 2014

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesada

NIF

Documentación que hai que presentar

OU-2012/00308

Mónica Omobunole Airtehon

45165018X

Documento que acredite suficientemente a notificación fidedigna da vontade de extinguir a parella de feito ao outro membro