Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica resolución de denegación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2014/00047).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación aos interesados que se indican a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio que se ditou resolución de denegación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, nº 79, 2º, 32004 Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 21 de novembro de 2014

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesados

NIF

OU-2014/00047

Catherín Parra Ocampo

Eyvar Sánchez Erazo

39486823D

Y0624106S