Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo de dereitos fundamentais 322/2014, interposto por Patricia Simal Campos.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, solicitude de remisión do expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo de dereitos fundamentais número 322/2014, interposto por Patricia Simal Campos contra a desestimación do recurso de reposición do 2 de decembro de 2014, formulado contra a Orde do 4 de novembro de 2014 pola que se exclúen dúas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 116.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco (5) días, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública