Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2014 pola que se anuncia a corrección de erros no prego de cláusulas administrativas particulares publicado mediante a Resolución do 2 de decembro de 2014, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de soporte técnico para o mantemento de hardware e software en diversos centros dependentes da Xunta de Galicia (expediente 13/2015), e se modifica o prazo de presentación de ofertas.

Advertido un erro no prego de cláusulas administrativas particulares para a referida contratación, anunciada mediante a Resolución do 2 de decembro de 2014 (data de envío ao DOUE), e publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 235, do 9 de decembro, cómpre facer a seguinte corrección:

– No prego de cláusulas administrativas particulares:

Na páxina 7, na epígrafe N da folla de especificacións relativa a solvencia, advírtese un erro no subgrupo requirido na clasificación exixida para os tres lotes, de acordo co obxecto do contrato de servizos. En consecuencia, na referida epígrafe N, onde di:

«As empresas deberán de acreditar a súa solvencia mediante a clasificación de empresa de servizos que se indica a continuación segundo o lote ou conxunto dos lotes desta contratación a que presente proposta:

Empresas españolas:

• Proposta soamente para o lote 1: a empresa ofertante deberá estar en posesión da clasificación de empresa de servizos no grupo V, subgrupo 2, categoría B.

• Proposta soamente para o lote 2: a empresa ofertante deberá estar en posesión da clasificación de empresa de servizos no grupo V, subgrupo 2, categoría C.

• Proposta para os lotes 1 e 2: a empresa ofertante deberá estar en posesión da clasificación de empresa de servizos no grupo V, subgrupo 2, categoría C».

Debe dicir:

«As empresas deberán de acreditar a súa solvencia mediante a clasificación de empresa de servizos que se indica a continuación segundo o lote ou conxunto dos lotes desta contratación a que presente proposta:

Empresas españolas:

• Proposta soamente para o lote 1: a empresa ofertante deberá estar en posesión da clasificación de empresa de servizos no grupo V, subgrupo 3, categoría B.

• Proposta soamente para o lote 2: a empresa ofertante deberá estar en posesión da clasificación de empresa de servizos no grupo V, subgrupo 3, categoría C.

• Proposta para os lotes 1 e 2: a empresa ofertante deberá estar en posesión da clasificación de empresa de servizos no grupo V, subgrupo 3, categoría C».

Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 8 da dita resolución.

Data do envío do anuncio de información adicional ou rectificativo ao Diario Oficial de la Unión Europea: 17 de decembro de 2014.

A data límite de obtención de documentación e información e da presentación de ofertas remata o 26 de xaneiro de 2015.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia