Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario da licitación e anticipado de gasto, e polo procedemento aberto documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación, para a contratación non suxeita a regulación harmonizada da execución da obra pública hidráulica de clave OH.236.1001, cofinanciada nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

FEDER_PROXECTO COFINANCIADO.png

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Tipo de contrato: obra.

d) Obtención de documentación e información.

1) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/.

– Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela
(A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

– A copistaría Copybelén na rúa Rosalía de Castro nº 29-31 (Galerías Belén), Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono: 981 59 99 24 e fax: 981 59 47 30.

2) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato.

Descrición e lugar de execución: mellora do abastecemento nas parroquias da Lama e Antas. A Lama (Pontevedra).

Número de expediente: OH.236.1001.

Orzamento base de licitación: importe neto: 1.556.894,52 euros. Importe total: 1.883.842,37 euros.

Prazo de execución (meses): oito.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

5. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a exixida para o contrato.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: para as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España deberán acreditar a solvencia nos termos que se expresan na cláusula 6.1.4.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 23 de xaneiro de 2015.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.

c) Lugar de presentación: no rexistro de Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña) nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre B.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar e do sobre B cos elementos da oferta valorables de forma automática mediante a aplicación de fórmulas realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo, localidade e código postal: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 4 de febreiro de 2015 ás 9.00 horas.

8. Gastos de publicidade: serán por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

9. Outras informacións.

Cofinanciamento da Unión Europea: o obxecto do contrato indicado no punto 2 anterior está cofinanciado polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3. Ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución de auga potable. Actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de augas potables, redes de distribución e sistemas de automatización e control. Unha maneira de facer Europa.

CPA e CPV (codificación do obxecto do contrato): as indicadas no cadro de características do contrato.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Melloras e modificacións previstas: admítense melloras e prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura e valoración das ofertas do sobre B: realizarase na data, na hora e no lugar sinalados neste anuncio. No caso de que sexa necesario modificar algún aspecto do acto sinalado, notificaráselles esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A e B, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Expediente anticipado de gasto: esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2014

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia