Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52149

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial da addenda número 13 ao inventario de camiños municipais.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria do 3 de novembro de 2014, aprobou inicialmente a addenda nº 13 ao inventario de camiños mediante acordo que ten o seguinte contido literal.

«1º. Aprobar inicialmente a addenda nº 13 ao inventario de camiños municipais en núcleos rurais, redactada por Lagares Ingeniería, S.L. co seguinte contido:

– Incorporación do camiño nº 5.421, situado no lugar de Quintenla (Pontellas).

2°. Someter o expediente a exposición pública por un prazo de trinta días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello».

O que se fai público para o xeral coñecemento para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que xulguen convenientes no prazo de 30 días, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente.

O Porriño, 5 de novembro de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde