Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52148

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre o Plan especial da vía de acceso ao porto exterior-conexión AC-14 (631/186/2014).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 14 de novembro de 2014, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas da vía de acceso ao porto exterior-conexión AC-14 co límite no termo municipal de Arteixo.

O expediente e a documentación do plan especial aprobado sométense a información pública (artigo 86.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro), polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, presentar as alegacións que xulgue oportunas (artigo 128.4 do Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño RPU).

A documentación completa do plan especial pode consultarse en horario laboral, de luns a venres, no Departamento de Planeamento do Área de Urbanismo (praza Indalecio Prieto, 1-3), así como na páxina web municipal de Urbanismo www.coruna.es/urbanismo, exposición pública.

A Coruña, 21 de novembro de 2014

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo