Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52150

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a execución de obras incluídas no proxecto do campo de fútbol de Bamio.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: execución de obras incluídas no proxecto denominado campo de fútbol de Bamio.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: 3 meses.

Código CPV: 45212200-8 (traballos de construción de instalacións deportivas).

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Sen IVE: 392.914,20 €

IVE (21 %): 82.511,98 €

Total (IVE eng.): 475.426,18 €

Valor estimado do contrato:

392.914,20 €

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00. Fax.: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderanse obter documentos e información ata a data na que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativa particulares.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: 26 días naturais contados desde a publicación do último anuncio de licitación no BOP ou DOG. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de Licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula 12 do PCAP.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si. As indicadas no anexo IX do PCAP

9. Apertura do sobre C: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xera a licitación do contrato serán a cargo do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 21 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 11 de decembro de 2014

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde