Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52043

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (16/2013).

Procedemento ordinario 16/2013 F

Sobre ordinario

Demandante: Manuel Canosa Blanco

Avogado: Pedro Manuel Pedreira Candal

Demandados: Ambugallegas, S.L., Ambuibérica, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 16/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Canosa Blanco contra a empresa Ambugallegas, S.L., Ambuibérica, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva é a seguinte:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Sentenza: 267/2014.

Nº de autos: 16/2013.

A Coruña, 26 de maio de 2014.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social nº 2 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tendo visto os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Manuel Canosa Blanco, que comparece asistido do letrado Pedro Pedreira Candal, e doutra, como demandado, Ambugallegas, S.L., que non comparece, a pesar de estar citada en legal forma, Ambuibérica, S.L., que comparece representada polo graduado social Luis Javier Cabrejas López, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparece.

Decido:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada por Manuel Canosa Blanco contra Ambugallegas S.L. e a empresa Ambuibérica, S.L., con intervención procesual do Fogasa, e en consecuencia:

1. Condénase a demandada Ambugallegas, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 2.123,98 euros, que se incrementará cos xuros moratorios establecidos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

2. Absólvese a demandada Ambuibérica, S.L. respecto das pretensións contra ela formuladas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambugallegas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de decembro de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria