Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificado da asemblea xeral extraordinaria da Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia onde se reflicte o acordo acadado o 16 de setembro de 2014 e que consiste na modificación de estatutos da dita asociación.

Denominación: Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia.

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: as persoas que teñan a condición de funcionarios pertencentes á escala de letrados da Xunta de Galicia.

Asinantes: Santiago Valencia Vila (presidente) e Carlos Abuín Flores (secretario).

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2014

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social