Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 18 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos requirimentos xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día cos requirimentos de documentación nos procedementos instados polos interesados, publícanse mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto poidan comparecer persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo (rolda da Muralla, 70), para coñeceren o texto íntegro do requirimento e do resto do expediente, advertíndoos de que, de non facelo, se terán por notificados/as para os efectos que se sinalan ao pé deste edicto.

Lugo, 18 de novembro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Risga-E.S.

Apelidos e nome

DNI/NIE/Pasaporte

Nº expte.

Acto

Concello

Morado Castro, Susana

33327011B

27028004714-R

Requirimento

Lugo

Rosa de Jesús, Valdelice

YB285586

27028010114-E

Requirimento

Lugo

Triviño Barrero, Leydi Yohana

X9140629S

27028011414-E

Requirimento

Lugo

Efectos de non acreditar a documentación requirida: logo do transcurso do prazo indicado sen que se reciba a documentación requirida, terase por desistido da súa solicitude e procederase a arquivar o seu expediente, logo de resolución ditada nos termos previstos nos artigos 42 e 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.