Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de decembro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación e prego de cargos do expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/137/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar os destinatarios ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, acordou o día 29 de outubro de 2014, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Camiño de Urxeira, 1, Chancelas, termo municipal de Poio (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo a Vigobarro, S.L. e a Florencio Cruz Barreiro, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que estimen convenientes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística