Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Corporación Gráfica Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Corporación Gráfica Sociedade Cooperativa Galega, acordada na reunión do consello reitor do 3 de novembro de 2014, no Rexistro Provincial de Cooperativas da Coruña. O seu novo domicilio social é: polígono do Temple, nave nº 24, O Temple, concello de Cambre, provincia da Coruña, CP 15679.

A Coruña, 26 de novembro de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña