Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Federación de Administración Pública da Confederación Intersindical Galega (CIG-Admón. Pública).

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentaron os novos estatutos da Federación de Administración Pública da Confederación Intersindical Galega (CIG-Admón. Pública) nos cales se recollen as modificacións aprobadas no VI Congreso, que tivo lugar en Allariz o 23 de novembro de 2013, así como a certificación acreditativa das ditas cuestións.

– Ámbito territorial: autonómico.

– Ambito profesional: todos/as os/as traballadores/as incluídos/as no artigo 1 dos estatutos, en activo ou desempregados/as, xubilados/as e pensionistas que acepten estes estatutos, os seus principios e obxectivos e, por extensión, os da CIG.

– Asinante: Mª Carmen López Santamariña (secretaria nacional da Federación).

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social