Con data do 10 de novembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2014272TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Mirta Gianfranchi Almirón, con DNI 35578903L, como titular do establecemento10 cañas.
Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non se puido practicar, polo que, mediante esta cédula se lle notifica a Mirta Gianfranchi Almirón o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para presentar recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; rúa Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte. Todo isto mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Pontevedra, 24 de novembro de 2014
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número do expediente: 2014272TA-PO.
Denunciada: Mirta Gianfranchi Almirón, con DNI 35578903L, como titular do establecemento 10 cañas.
Último enderezo coñecido: rúa Regueiro, nº 11, baixo, 36202 Vigo.
Feito imputado: infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Preceptos infrinxidos:
– Artigo 4. «A venda e a subministración a través de máquinas expendedoras realizarase de acordo coas seguintes condicións:
c) Advertencia sanitaria: na superficie frontal das máquinas figurará, de forma clara e visible, en castelán e nas linguas cooficiais das comunidades autónomas, unha advertencia sanitaria sobre os prexuízos para a saúde derivados do uso do tabaco, especialmente para os menores».
Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.c) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Sanción imposta: setenta e cinco euros (75 €).