Con data do 13 de outubro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2014144TA-OU a Atrio Quintas, Juan, DNI 34995358-F, propietario do Café Bar Especial Monkey, con domicilio na rúa San Francisco, nº 3, 32005 Ourense.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Atrio Quintas Juan, DNI 34995358-F, propietario do Café Bar Especial Monkey, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 24 de novembro de 2014
María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente sancionador: 2014144TA-OU.
Denunciado: Atrio Quintas, Juan, propietario do Café Bar Especial Monkey.
DNI/NIF/CIF: 34995358-F.
Último enderezo coñecido: rúa San Francisco, nº 3, 32005 Ourense.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.
Tipificación: grave.
Sanción proposta: seiscentos un euros (601,00 €).