Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51797

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da comisión paritaria do Convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade.

Visto o acordo da comisión paritaria do convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade, subscrito na xuntanza do 11 de novembro de 2014, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (REGCON).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2014

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO
Acta da xuntanza da comisión paritaria do convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade

En Santiago de Compostela, ás 11.00 horas do día 11 de novembro de 2014, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, reúnense as persoas abaixo sinaladas.

Representación empresarial:

Mª Celina Rey Diéguez (ACOLLE)

Lucía del Campo Redondo (AGARTE)

Tamar Hidalgo González (AGARTE-asesora)

José Manuel Pazos Seco (AGARTE)

Eva María Jove González (AGARTE)

Representación social:

CC.OO.

Víctor Caruncho Carreira

UGT-Galicia

Javier Martínez Fente

Eliseo Rivas Pernas

Asiste á xuntanza Celso Araújo Castro, funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais.

O motivo da xuntanza é atender a petición efectuada por Javier Martínez Fente, en calidade de Secretario de Saúde, Servizos Sociosanitarios e Dependencia da FSP UGT de Galicia, en relación coas seguintes cuestións:

1. Actualizar as táboas salariais de atrasos dos anos 2013 e 2014 de aquelas empresas que optaron por aboar de xeito fraccionado o incremento salarial pactado para o ano 2013.

2. Adaptar as epígrafes C e D do anexo V do convenio colectivo do sector de residencias privadas da terceira idade da Comunidade Autónoma de Galicia, para que se faga referencia ao certificado de profesionalidade nas mesmas condicións e baremación que a FP.

Logo do oportuno debate e exposición de posturas por todas e cada unha das representacións presentes, sobre as cuestións obxecto da xuntanza, procede reflectir na acta o seguinte:

Primeiro. Cálculo de atrasos salariais. A representación de FSP UGT propón o cálculo de atrasos salariais de 2013 e 2014 para aquelas empresas que optaron por aboar de xeito fraccionado o incremento salarial pactado para 2013 (2.9 % sobre as táboas de 2012), conforme o pactado no artigo 34 do convenio colectivo. Así, FSP UGT presenta as contías mensuais que hai que aboar en concepto de atrasos 2013 e 2014.

Tras a oportuna revisión das contías por parte de todas e cada unha das representacións presentes, estas amosan a súa conformidade coas cantidades presentadas e acordan por unanimidade as ditas contías, que son as que se xuntan como anexo á presente acta.

As ditas cantidades serán aboadas no mes seguinte á data de publicación dos presentes acordos no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Epígrafes C e D do anexo V do convenio colectivo do sector de residencias privadas da terceira idade da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tras o oportuno debate, os membros desta comisión paritaria manifestan que a nivel salarial están equiparados os traballadores e traballadoras que dispoñen de certificado de profesionalidade e título de FP, sen prexuízo de que as empresas poidan optar entre estes dous niveis formativos en función do posto que se vaia cubrir.

Terceiro. Os membros da comisión paritaria acordan delegar no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicidade do presente acordo ante a autoridade laboral competente.

E non tendo máis asuntos que tratar, finaliza a xuntanza ás 12.30 horas do día sinalado no encabezamento, expedindo para o efecto a presente acta, que asinan todos os asistentes en proba de conformidade.

Atrasos 2013

Categorías profesionais

Salario base

Complemento asistencia

Complemento domingos

Festivos especiais

 – Grupo A

 Administrador/a 

 22,79 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Xerente, director/a 

 22,79 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Médico 

 18,99 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Técnico superior 

 18,99 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 – Grupo B

 Supervisor, socio asistencial 

 15,19 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 ATS/DUE 

 15,19 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Traballador/a social 

 15,19 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Fisioterapeuta 

 15,19 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Terapeuta ocupacional 

 15,19 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Titulado/a 

 15,19 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 – Grupo C 

 Gobernante/a 

 12,23 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Oficial de mantemento 

 12,23 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Oficial administrativo 

 12,23 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 TASOC 

 12,23 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Condutor/a 

 12,23 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Xardineiro/a 

 12,23 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 – Grupo D 

 Xerocultor/a-auxiliar enfermaría 

 12,23 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Cociñeiro/a 

 12,00 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Auxiliar de mantemento 

 12,00 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Auxiliar administrativo 

 12,00 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Camareiro/a de planta 

 12,00 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Animador/a sociocultural 

 12,00 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Porteiro/a de recepción 

 12,00 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 – Grupo E 

 

 

 

 

 Lavand./pasador/a de ferro 

 11,14 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Auxiliar de cociña 

 11,14 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Limpador/a 

 11,14 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

 Persoal non cualificado 

 11,14 €

 0,97 €

 0,12 €

 0,45 €

Atrasos 2014

Categorías profesionais

Salario base

Complemento asistencia

Complemento domingos

Festivos especiais

 – Grupo A

 Administrador/a 

 11,40 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Xerente, director/a 

 11,40 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Médico 

 9,50 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Técnico superior 

 9,50 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 – Grupo B

 Supervisor, socio asistencial 

 7,59 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 ATS/DUE 

 7,59 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Traballador/a social 

 7,59 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Fisioterapeuta 

 7,59 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Terapeuta ocupacional 

 7,59 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Titulado/a 

 7,59 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 – Grupo C 

 Gobernante/a 

 6,12 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Oficial de mantemento 

 6,12 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Oficial administrativo 

 6,12 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 TASOC 

 6,12 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Condutor/a 

 6,12 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Xardineiro/a 

 6,12 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 – Grupo D 

 Xerocultor/a-auxiliar enfermaría 

 6,12 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Cociñeiro/a 

 6,00 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Auxiliar de mantemento 

 6,00 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Auxiliar administrativo 

 6,00 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Camareiro/a de planta 

 6,00 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Animador/a sociocultural 

 6,00 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Porteiro/a de recepción 

 6,00 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 – Grupo E 

 Lavand./pasador/a de ferro 

 5,57 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Auxiliar de cociña 

 5,57 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Limpador/a 

 5,57 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €

 Persoal non cualificado 

 5,57 €

 0,47 €

 0,06 €

 0,23 €