Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51795

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2014 pola que se fai público o esgotamento do crédito previsto na Orde do 30 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de Risga, e se aproba a convocatoria para o ano 2014.

A Orde do 30 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de Risga, e se aproba a convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 104, do 3 de xuño), en cumprimento do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece na súa disposición adicional primeira que unha vez esgotado o crédito, o órgano xestor deberá publicar o esgotamento da partida orzamentaria e a inadmisión de posteriores solicitudes.

O artigo 2.2 da citada orde establece que o financiamento destas axudas se efectuará con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, a través dos créditos consignados na aplicación 11.05.322A.460.0, polo importe global de 3.000.000 euros. Con posterioridade, o 18 de agosto publicouse no Diario Oficial de Galicia, a Orde do 11 de agosto de 2014 pola que se amplía en 2.000.000 euros o importe para a concesión das axudas previstas na Orde do 30 de maio de 2014.

Unha vez resoltas as solicitudes presentadas ao abeiro das citadas ordes, constátase que o día 26 de novembro de 2014 se esgotou o crédito dispoñible para a concesión destas subvencións.

Considerando o exposto anteriormente, e de conformidade co establecido no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procede facer público o esgotamento do crédito consignado na Orde do 30 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de Risga, e se aproba a convocatoria para o ano 2014, e ampliado mediante a Orde do 11 de agosto 2014.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Comunícase que o día 26 de novembro de 2014 se esgotou o crédito dispoñible para as subvencións convocadas pola Orde do 30 de maio de 2014, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de Risga, e se aproba a convocatoria para o ano 2014 (aplicación orzamentaria 11.05.322A.460.0).

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar