Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 15 de decembro de 2014, da Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sobre notificación por comparecencia para a entrega dun informe provisional de control financeiro sobre unha subvención percibida por un beneficiario.

A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en execución do Plan de control financeiro 2014, aprobado de conformidade co disposto no artigo 107 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG núm. 214, do 5 de novembro), e de acordo co previsto no artigo 94 do dito texto e no artigo 42 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), está realizando un control financeiro a Ramón García Ruibal, con DNI 77460260D, en relación coa subvención percibida (TR341D2009 promoción do emprego autónomo), cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente faise saber:

1. Que, tentada a notificación do informe provisional de control financeiro a Ramón García Ruibal, non foi posible practicala.

2. Que por medio do presente anuncio se pon de manifesto que Ramón García Ruibal ou persoas debidamente autorizadas deberán comparecer entre o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o 29 de decembro de 2014, ambos os dous inclusive, nas oficinas desta Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sita no Edificio San Caetano, s/n, bloque nº 3 (Intervención Xeral da Comunidade Autónoma-Consellería de Facenda), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co obxecto de facerlles entrega do informe provisional de control financeiro efectuado a Ramón García Ruibal.

3. Que, se rematado o prazo sinalado non tivesen comparecido, a notificación entenderanse producida a todos os efectos legais desde o día 30 de decembro de 2014.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2014

Manuel Castro-Gil Amigo
Subdirector xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións