O 5 de novembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2014252AL-CO incoado a Inversiones Mejicanas de las Islas Caiman, S.L.
Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a Inversiones Mejicanas de las Islas Caiman, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbrase o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 25 de novembro de 2014
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Número expediente: 2014252AL-CO.
Interesada: Inversiones Mejicanas de las Islas Caiman, S.L. (Marita Ron Cafe Bar).
DNI/NIF/CIF: B70283320.
Último enderezo coñecido: Cantón Pequeno 23,15003 A Coruña.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos:
– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007): anexo II: capítulo I: punto 1, punto 2: a) c), punto 4; capítulo II: punto 1: a) b) c) d) e) f), punto 2, punto 3; capítulo VI: punto 2; capítulo XII: punto 1, punto 2; e artigo 5: punto 1, punto 2: a) b) c) d) e) f) g), punto 3, punto 4: a) b) c), punto 5.
– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo de 2011): artigo 50: punto 1: e), artigo 51: punto 1: parágrafos: 1, 8, 10 e 11.
– Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 2001): artigo 10: punto 1, punto 2: a) b) c) d) e) f) g), punto 3, artigo 12.
– Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (Regasa) (DOG nº 205, do 26 de outubro de 2012): artigo 4: punto 1: a) b), punto 2.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: 400 €.