1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: CON-10/2014.
2. Obxecto do contrato: xestión de servizo público, mediante a modalidade de concesión, da ordenación e regulación do aparcadoiro de vehículos (ORA). Duración: oito anos prorrogables por dous máis.
3. Tramitación: anticipada. Procedemento: aberto.
4. Canon mínimo: véxase prego de cláusulas administrativas.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.
7. Clasificación: non se exixe.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: vinte e cinco días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.
10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas e prego de prescripcións técnicas.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 3 de decembro de 2014
P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública