Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51203

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de modificación das bases xerais para a cobertura en propiedade de prazas de funcionarios e persoal laboral.

Faise público que, no Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 256, do 7 de novembro de 2014, se publicaron os seguintes anuncios:

– Modificación da base décimo terceira das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de libre.

– Modificación da base décimo segunda das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de consolidación de emprego temporal.

– Modificación da base décimo segunda das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de promoción interna.

As ditas modificacións foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo na sesión que tivo lugar o día 15 de outubro de 2014.

Lugo, 11 de novembro de 2014

José Clemente López Orozco
Alcalde