Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51198

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número do expediente: SV-A-05-2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de actividades de envellecemento activo das persoas maiores do Concello de Bergondo.

b) Lugar de execución: Concello de Bergondo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación.

Prezo anual: 73.774,55 €, sen IVE; máis o IVE (10 %): 7.377,45 €; 81.152,00 €, IVE incluído (importe total contrato, incluíndo eventual prórroga: 162.304,00 €).

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: Bergondo 15165.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

Perfil do contratante: www.bergondo.es

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de oito (8) días naturais contado desde o seguinte ao da derradeira publicación do presente anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do derradeiro día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares que deberán rexer a contratación.

d) Lugar de presentación: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral. Estrada da Coruña, nº 12, 15165 Bergondo.

9. Criterios de adxudicación do contrato.

9.1. Plan de actuación: ata 30 puntos, cláusula 16.1.1 do prego.

9.2. Oferta económica: ata 30 puntos, cláusula 16.1.2 do prego.

9.3. Formación académica e experiencia profesional dos recursos humanos propostos: ata 30 puntos, cláusula 16.1.3 do prego.

9.4. Melloras ofertadas: ata 7,5 puntos, cláusula 16.1.4 do prego.

10. Apertura das ofertas.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

11. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio.

12. Gastos do adxudicatario.

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Bergondo, 9 de decembro de 2014

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa