Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Olga Souto Rodríguez.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra tramítase o recurso 642/2014-CC (procedemento abreviado), interposto por María Olga Souto Rodríguez contra a desestimación do recurso de reposición formulado fronte á Resolución do 12 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal na categoría de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía (Diario Oficial de Galicia nº 35, do 20 de febreiro).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos