Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2014/074-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Número de expediente: IN407A 2014/074-1.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 19, 1º dta., 15004 A Coruña.

Denominación: nova LMT alimentación a Paiosaco.

Situación: concello da Laracha.

Características técnicas:

– Nova liña de media tensión subterránea en condutor tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 3 (1×240 Al) e RHZ1 2OL-12/20 kV 3 (1×150 Al), con inicio na cela de liña existente no CT av. Bergantiños (expediente 344/10) e fin nos empalmes proxectados con LMT Paiosaco-CT A Agrela II (expediente 307/05), unha vez entre e saia polo CT Campo da Feira (expediente 68/94) derive ao CT Pigarcre Particular e entre e saia do CT Angazo (expediente 617/08). A liña discorrerá por canalización proxectada e por canalización existente, recollida nos expedientes 404/98, 617/08 e 344/10. A lonxitude total da liña será de 967 m.

– Reforma do centro de transformación Campo da Feira (expediente 68/94) para o que se instalará un novo conxunto de celas de media tensión.

– Reforma do centro de transformación Angazo (expediente 617/08) para o que se instalarán catro novas celas de media tensión.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro),sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de novembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña