Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Ganadería Muíño do Gaio, S.C.
Domicilio social: Cabanas, 9, Santa Mariña de Pescoso, 36538 Rodeiro.
Denominación: LMTA, CT para unha granxa en Parañón.
Situación: Rodeiro.
Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 49 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HV-250-11 da LMT LAL811 Rodeiro e final no CT proxectado. Centro de transformación de 50 kVA, RT 20 kV/400 V, para subministración a unha granxa situada en Parañón, Santa Mariña de Pescoso, Rodeiro.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 28 de outubro de 2014
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra